| Egilea | |
| Abstract |
A existencia dun nome popular dunha especie é unha axuda apreciable para a difusión dos valores da natureza. Non transmitimos o mesmo dicindo paporrubio que Erithacus rubecula. Tampouco ten o mesmo valor cultural para nós dicir “dentabrún” que Osmunda, aínda que as dúas sexan fáciles de pronunciar. A voz patrimonial dentabrún perpetúa unha tradición nosa de séculos, referida a unha especie vexetal con uso veterinario. Osmunda é, no entanto, unha denominación coñecida só polo mundo científico. Nesta nova sección da revista Cerna que introduce o presente artigo e que denominaremos “O recanto das palabras”, intentaremos contribuír a enriquecer o patrimonio inmaterial que envolven os nomes galegos da Natureza. |
| Zenbakia |
80
|
| Number of Pages |
20-22
|
| ISSN Number |
1136-2677
|
| URL | |
| Download citation |