01233nas a2200133 4500000000100000000000100001008004100002100001700043245004400060856006200104300001000166520090900176022001401085 2004 d1 aEmilio Insua00aXoaquín Lourenzo e a Cultura Marítima uhttps://dialnet.unirioja.es/servlet/extart?codigo=7229350 a27-323 aO Patrimonio Inmaterial ben podería considerarse a parte invisible dun todo, a cara que non se ve, coma obra viva somerxida na memoria. Sempre discreto, con coidado de non asomar por riba da liña de flotación da cultura conservada dende os tempos da salga, do afumado e o escabeche. A uns deixáronlles leiras, a outros barcos e a uns poucos un fato de plantillas e medios-cascos e unhas nocións sobre o emprego das ferramentas dos carpinteiros de ribeira, dos cesteiros, redeiros..., e a todos, a necesidade que prende o facho do enxeño. Nós, a Federación, tamén xurdimos da necesidade, de ver o estrago dos barcos na area, de tanta éxtase pola desfeita. Traballamos e medramos, e agora estamos a aprender a ver que na mirada de moitos vellos calados agóchanse plantillas, cuartas, moldes e patróns, .... que a Ardentía non nos cegue, e que sexa o facho que nos alume o que aínda non vimos. a1699-3128