01231nas a2200133 4500000000100000000000100001008004100002100001600043245004300059856006200102300001000164520090900174022001401083 d1 aAsociación00aUn Patrimonio Común Galego-Portugués uhttps://dialnet.unirioja.es/servlet/extart?codigo=7229346 a12-143 aO Patrimonio Inmaterial ben podería considerarse a parte invisible dun todo, a cara que non se ve, coma obra viva somerxida na memoria. Sempre discreto, con coidado de non asomar por riba da liña de flotación da cultura conservada dende os tempos da salga, do afumado e o escabeche. A uns deixáronlles leiras, a outros barcos e a uns poucos un fato de plantillas e medios-cascos e unhas nocións sobre o emprego das ferramentas dos carpinteiros de ribeira, dos cesteiros, redeiros..., e a todos, a necesidade que prende o facho do enxeño. Nós, a Federación, tamén xurdimos da necesidade, de ver o estrago dos barcos na area, de tanta éxtase pola desfeita. Traballamos e medramos, e agora estamos a aprender a ver que na mirada de moitos vellos calados agóchanse plantillas, cuartas, moldes e patróns, .... que a Ardentía non nos cegue, e que sexa o facho que nos alume o que aínda non vimos. a1699-3128