01230nas a2200133 4500000000100000000000100001008004100002100002700043245007100070856006200141300001000203520086900213022001401082 d1 aMario Outeiro Iglesias00aRecollida do patrimonio inmaterial no Corgo: unha materia pendente uhttps://dialnet.unirioja.es/servlet/extart?codigo=9523027 a82-953 aEste artigo ten a ambición de poñer unha semente no fértil solo corgués. Preténdese aquí animar e formar un grupo de persoas que con poucos recursos e en non moito tempo sexa capaz de realizar un traballo de recollida do patrimonio inmaterial do concello dunha maneira sistemática e científica (como se fixo antes noutros territorios galegos ou de maneira puntual no Corgo). O fin é honroso, devolvérllelo aos veciños dun xeito didáctico e ordenado co fin de mellorar a autoestima do rural e intentar que os engrenaxes transmisores de tan rico saber sigan avanzando no tempo. Lendas, contos, romances, oracións... protagonizadas por seres mitolóxicos, santos, ou persoas normais son parte da información a recoller polo proxecto dun xeito coordenado e unificado polo equipo humano grazas a instrumentos tan interesantes como a grella da entrevista. a2171-6013