@article{11989, title = {Pintores do Mar: Eduardo Baamonde}, abstract = {O logotipo que figura na parte superior de cada páxina desta revista é unha criación do pintor vilalbés-cambadés Eduardo Baamonde. Nacido en Vilalba (Lugo) no 1962, cursou estudios de Historia da Arte, Museoloxía e de Artes e Oficios en Santiago de Compostela. Dende 1988 exerce como profesor de Debuxo no Ensino Medio, con destino na actualidade no Instituto de Bacharelato de Vilalonga (Sanxenxo). Comezou a criar imaxes e expoñer a principios dos oitenta e dende entón leva máis de 50 exposicións, lucen murais da súa autoría en edificios públicos e privados e gañou numerosos premios. A súa obra máis recente xira en torno ao mundo do mar e reflicte a preocupación do artista pola morte e esquecemento dese mundo. Reproducimos nestas páxinas algunhas destas obras, que son, sen dúbida, cultura marítima.}, number = {1}, pages = {77-79}, issn = {1699-3128}, url = {https://dialnet.unirioja.es/servlet/extart?codigo=7229359}, }